[También en castellano]
O último libro de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) profunda nun galego tan peculiar como pouco coñecido. Trátase de Ramón Baltar (1902-1981), cirurxián e intelectual que tomou o camiño da “resistencia interior” durante o franquismo. Procedente dunha familia burguesa, a súa figura foise esquecendo. Suso de Toro rescátaa atraído pola ética e a decencia que marcaron a vida do propio Baltar, represaliado pola ditadura en numerosas ocasións.
El escritor Suso de Toro. Foto: P. Cosano / Alianza editorial |
Na túa obra Un señor elegante falas de Ramón Baltar, un personaxe que se podería considerar de xeito evidente admirábel, un home moderno para a súa época e que sempre estivo á altura das tráxicas circunstancias que tivo que vivir, como a ditadura franquista. Que tiña este personaxe para facelo tan atractivo e que poderiamos aprender del hoxe en día?
Sabía que Baltar fora castigado polo rexime franquista. Primeiro polos falanxistas sublevados e despois, tras a Guerra Civil, pola ditadura. Detivérano, expulsado da Universidade en dúas ocasións, mais tampouco me parecía un personaxe que fose extraordinario. Pouco despois xa intuín que se trataba dun disidente nato, moi desafiante. Polas conversacións que tiven cos seus fillos e a documentación que deixou tras a súa morte, atopei un home dunha actitude ética radical.
Seguir leyendo AQUÍ
Comparte si te ha gustado: